jueves, 31 de octubre de 2013

Unha palabras en LETRAS EN OBRAS

 
 





http://www.letraenobras.com/2013/10/miguel-angel-alonso-diz-publicar-baixo-un-o-outro-selo-editorial-non-engade-ningun-valor-real/

Non che teño medo, moucho




premio no concurso Imaxina Cantares! na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria. Vídeo realizado polo IES As Barxas ( Moaña).

domingo, 6 de octubre de 2013

CULLARAPEANDO NA BIBLOS LIBRARÍA EN BETANZOS

gif maker


Fermosa tarde en Betanzos na que bailamos, rimos, xogamos e aprendemos xunto ao Cullarapo Croque

martes, 11 de junio de 2013

Taboleiro do libro galego (XI) (do 26 de maio ao 8 de xuño)

Veño de ver que "O Cullarapo Croque" segue, un ano despois do seu nacemento, entre los libros en galego máis vendidos.

Hoxe unha amizade fíxome un comentario ao respecto, e parei un intre a pensar neste tema que non é máis que unha consecuencia dun traballo ben feito tanto na elaboración agarimosa do noso fillo coma no feito dunha actividade xa pensada durante o proceso de creación, mellorada polos xenerosos consellos de amig@s do mundo do teatro, música... E a vontade dos autor@s de incidir nun mundo que manca algúns corazóns.

Ao abeiro de A Porta Verde do Sétimo Andar e grazas á axuda de moitas persoas naceu fai un ano e dous meses esta, para nós, fermosa historia, que non para de medrar porque o seu proceso de chegada aos fogares non camiñou polos carreiros habituais. Pódese dicir que o cullarapo viaxa de beizo en beizo, de corazón en corazón. Feito que repetirase con "A nena á que non deixaban ser feliz".

A labor realizada nos centros de ensino foi necesaria dada a situación do noso idioma e maila todo escasa. O corpo non deu para máis.
Ese corpo cuxo pecado é pensar que as cousas son como son até que deixan de selo, non aceptando paradigmas establecidos. Pelexando contra propios e estraños; "home libre seguindo o camiño dos rebeldes".

Ese corpo que algúns poden pensar que cambiou no proceso, e ben fan en pensar iso... O cansazo, a decepción de coñecer realmente realidades da nosa terra e o sabor a derrota que xurde das olladas de nen@s alleos ao noso idioma.
E o feito de escoitar neste tempo palabras como "famoso", "diñeiro" ou "ego",todas alleas ás nosas almas e ao noso sentir. Palabras que tratan de avaliar, medir, xulgar algo que non queren comprender. "Porque as cousas non funcionan así". "Porque o mundo non é así, e ti non podes ser tan bo,non me fodas".

Case que prefiro non pensar. Non. Deterse é morrer de tristeza, e arriscarse a deixar que medren baixo os pés os brazos da ignorancia e dos sentires máis baixos do ser humano. Brazos que queren afogar, afundir... 

Agora mesmo mentres escribo sei do risco destas palabras. @s que aman acolleranas con agarimo, @s outr@s buscarán fendas, farán feridas de dobre sentido manipulado, ou no mellor dos casos permaneceran no silencio. Porque o silencio é unha boa forma de matar.

Pero só son un breve bafo, hoxe canso, baixo o ceo, e teño a necesidade de deixar escrito isto.
Porque quen pense que son outra cousa non me coñece.

Deixádeme traballar,
a gloria para vós.
Eu teño diante de min un camiño de loita e derrota.



Quen son eu?

Eu soamente son un fío de voz pendurado na eterna noite dun curruncho esquecido, onde case non se distingue a tenue luz duns verdes ollos aínda durmidos.
Só iso...  un fío de voz, unha tenue luz no medio da escuridade.



http://cadernodacritica.blogaliza.org/2013/06/10/taboleiro-do-libro-galego-xi-do-26-de-maio-ao-8-de-xuno/

sábado, 20 de abril de 2013

Caderno da crítica. Ramón Nicolás : A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ



http://cadernodacritica.blogaliza.org/2013/04/10/a-nena-a-que-non-deixaban-ser-feliz-de-miguel-angel-alonso-diz-e-luz-beloso/

lunes, 1 de abril de 2013

O cullarapo na feria de Bologna


 
 
 
 
 
 
 
Hai libros invisibles
que camiñan con ledicia
entre os silencios
dunha habitación sombría,
na que sempre se escoitan
ás mesmas voces luídas.
...
Hai libros que dormen nos corazóns
grazas aos ollos dun cullarapo
e á forza da poesía,
libros xenerosos que alimentan a lingua
desta terra nosa chea de feridas.

Hai libros que non existen
pero existen,
e que sempre volven
para lembrarnos que a esperanza
aínda non está perdida.

Hai libros que son fill@s
nesta longa noite suicida.

O CULLARAPO CROQUE tamén andará polo mundo fóra da LIX galega xa que nunca estivo dentro :)
 
 
 

Croque no San Salvador de Teis


Murais dos nen@s
 
 

 

 

 
Con Paco responsable da biblioteca e marabillosa persoa

 

 
Laura lendo "Sabela"





 
Foto de familia

 

 
Que berrabamos?
é un segredo

 
Co meu amigo Luis

 
Fermosas persoas: Paco e Laura
 
AULA DOS CARACOIS
 
 
 

 
Co caracol Serafín

 


Hai un caracol moi pequeno
ao que lle gusta viaxar
Serafín é o seu nome
e a súa bondade non ten igual.

 Sempre leva a casa ás costas
pois non quere abandonar
as mil historias que viven nos libros
que lle regalou o seu pai.

 
Hoxe abriu o cullarapo
xa que apetecíalle xogar
con croque, coa serea, cun gato
que sabia voar

 
Serafín sempre vai devagar
pois   l  e  n  t  a  m  e  n  t  e   quere gozar
de palabras bailarinas
que o fagan rimar.

 
E é por isto que serafín
non precisa de nada máis,
ten na súa casa mil mundos
polos que poder camiñar.

 

 

Miguel Ángel Alonso Diz