sábado, 4 de octubre de 2014

"O soño de Esther" e "A nena á que non deixaban ser feliz" outro mes máis





https://cadernodacritica.wordpress.com/2014/10/03/taboleiro-do-libro-galego-xxvi-setembro-2014/

Dende que saiu "O soño de Esther" polo mes de abril, estivo todos os meses entre os máis vendidos da nosa terra. Agradecer de novo a todas as persoas que cren, gozan e comparten o noso traballo.

Fonda aperta a tod@s!!

lunes, 8 de septiembre de 2014

OUTRO MES ENTRE OS MÁIS VENDIDOS DE GALICIA

 
NOVAS DENDE O TABOLEIRO DO LIBRO GALEGO QUE PUBLICA RAMÓN NICOLÁS NO SEU BLOG: O CADERNO DA CRÍTICA.
 
 
 
"O soño de Esther" dende que saiu, en abril entre os libros de literatura infantil máis vendidos de Galicia  .
 
Nestes meses de verán aparece ademáis "A nena á que non deixaban ser feliz".
 
Moitas grazas por achegarvos ao noso traballo.
 
 
 
 

A nena á que non deixaban ser feliz


Unha fermosa sorpresa nova.

"A nena á que non dexaban ser feliz" foi elixido polos Clubs de lectura de A Coruña, como libro infantil de lectura recomendada para os adultos.






Premer na ligazón:


http://clublecturacoruna.wordpress.com/tag/a-nena-a-que-non-deixaban-ser-feliz/

viernes, 20 de junio de 2014

jueves, 15 de mayo de 2014

Taboleiro do libro galego XXII (do 1 ao 30 de abril)

O soño de Esther entre os libros máis vendidos do mes de abril.

Foi unha sorpresa moi agradable.




GRAZAS A TOD@S @S QUE APOIADES E CONFIADES NO NOSO TRABALLO.

O noso compromiso é seguir ofrecendo o mellor de nós. Partes das nosas almas para que os silencios sexan cada vez máis pequenos.


Ligazón ao blog de Ramón Nicolás que, dun xeito totalmente altruista, realiza este traballo de recollida de datos coa colaboración de moitas das librarías máis activas e importantes da nosa terra.


http://cadernodacritica.blogaliza.org/2014/05/01/taboleiro-do-libro-galego-xxii-do-1-ao-31-de-abril/

jueves, 1 de mayo de 2014

O soño de Esther en versos e aloumiños


 
Antonio García Teijeiro ademáis de mestre de poetas é unha persoa boa e xenerosa.
 
Marabilloso conversador e amigo.
 
Agasalloume con este espazo no seu fermoso blog: versos e aloumiños 


http://garciateijeiro.blogspot.com.es/2014/03/o-sono-de-esther-un-novo-proxecto-de.html

lunes, 28 de abril de 2014

Encontro c@s alumn@s do CEIP PORTONOVO

 
 

 
 
 
@s nen@s traballaron o
A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ e O CULLARAPO CROQUE 
 
Tiven a oportunidade de achegar a nosa visión dos libros e de responder ás moitas preguntas feitas polos rapaces e rapazas.
 
Tiven que ir dous días ao centro para dar atendido a todas elas.
 
Agradecer a implicación das mestras do centro.  

lunes, 3 de marzo de 2014

@S NOS@S FILL@S NA TVG 2

@s nos@s pequen@s tiveron un pequeno espazo na TVG 2 na recomendación literaria "CADA DÍA UN LIBRO" do programa ZIGzag Diario.

Deixamos aquí as ligazóns:

O día 27 de febreiro "A nena á que non deixaban ser feliz" a partir do minuto 8 aprox.



http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/lex-sampayo-welcome-to-harmony-a-esmorga

O día 28 de febreiro "O Cullarapo Croque" a partir do minuto 9 aprox.



http://www.crtvg.es/tvg/programas/zigzag-diario#.UxDnpQgy5ok.facebook


GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE NOS APOIAN NESTE CAMIÑO. 


Sen vós, só habería silencio,
o noso agradecemento
onte, hoxe e por sempre


lunes, 20 de enero de 2014

Os mellores libros do 2013 en FERVENZAS LITERARIAS


No 2012 aparecía nesta listaxe un libriño que xa forma parte da nosa historia "O cullarapo Croque".
Hoxe avísame un bo amigo que "A nena á que non deixaban ser feliz" aparece entre os mellores do 2013.

AGRADECER A TODAS AS PERSOAS QUE SE... ACHEGARON AOS NOSOS LIBROS-FILL@S E XURAR QUE SEGUIREMOS TRABALLANDO A PROL DO NOSO, CON HONESTIDADE.

Tamén dicir que "Un rato díxolle á lúa" do meu benquerido Antonio é unha xoia. Conten versos de quen é xa un mestre da escrita. Sen dubida unha das miñas referencias dende que tiven a oportunidade de estar con el e coñecer o seu traballo.
Exemplo de xenerosidade e compromiso. En definitiva, un dos GRANDES POETAS da nosa terra.








http://fervenzasliterarias.com/index.php/de-actualidade/os-mellores-do-2013/197-os-mellores-do-2013-mellor-libro-infantil-2013.html

lunes, 6 de enero de 2014

OZOCOgz e A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ

 
 
Da unión de OZOCOgz e o noso querido libro "A NENA Á QUE NON DEIXABA SER FELIZ"
nace esta fermosa camiseta que podedes mercar nas seguintes librarías:

 
Ou pola rede na ligazón de abaixo.




jueves, 2 de enero de 2014

FELIZ ANINOVO A TOD@S!!

 
 

"O CULLARAPO CROQUE" E "A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ" entre os máis vendidos do 2013

 
Pechamos o ano estando, unha vez máis, neste taboleiro.

Algo que, polos nosos medios, debía ser anecdótico, é unha realidade teimosa. Uns meses "O cullarapo Croque", outros "A nena á que non deixaban ser feliz".

Todo grazas ao compromis...o e colaboración de docentes, bibliotecarios, libreir@s e de todos vós: pais, mais, ti@s, avo@s.... En resumo de cada un dos elos que vertebran este fermoso lugar que chaman Galicia... o noso fogar.

Agradecer especialmente a todas esas persoas castelán falantes que se achegaron aos nos@s fill@s. Entrar nos vosos fogares e chegar (e achegarnos) aos vos@s pequen@s é un feito moi importante para nós. E constame que fostes moitos e iso enchenos de ledicia.

A situación do noso idioma (da nosa visión do mundo) é moi complicada, a pesares de que existan compañeir@s, que fan un analise da realidade moi afastada da que eu vivo tódolos días nos colexios, na rúa,nas miñas aulas, nos parques...

Engadir que o libro galego é rentable, é necesario, é valioso, é NOSO. E sobre todo é unha arma contra a ignoracia e o esquecemento do noso idioma e de nós mesm@s.
 
GRAZAS A TOD@S DE NOVO!.