lunes, 1 de abril de 2013

O cullarapo na feria de Bologna


 
 
 
 
 
 
 
Hai libros invisibles
que camiñan con ledicia
entre os silencios
dunha habitación sombría,
na que sempre se escoitan
ás mesmas voces luídas.
...
Hai libros que dormen nos corazóns
grazas aos ollos dun cullarapo
e á forza da poesía,
libros xenerosos que alimentan a lingua
desta terra nosa chea de feridas.

Hai libros que non existen
pero existen,
e que sempre volven
para lembrarnos que a esperanza
aínda non está perdida.

Hai libros que son fill@s
nesta longa noite suicida.

O CULLARAPO CROQUE tamén andará polo mundo fóra da LIX galega xa que nunca estivo dentro :)
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario