lunes, 20 de enero de 2014

Os mellores libros do 2013 en FERVENZAS LITERARIAS


No 2012 aparecía nesta listaxe un libriño que xa forma parte da nosa historia "O cullarapo Croque".
Hoxe avísame un bo amigo que "A nena á que non deixaban ser feliz" aparece entre os mellores do 2013.

AGRADECER A TODAS AS PERSOAS QUE SE... ACHEGARON AOS NOSOS LIBROS-FILL@S E XURAR QUE SEGUIREMOS TRABALLANDO A PROL DO NOSO, CON HONESTIDADE.

Tamén dicir que "Un rato díxolle á lúa" do meu benquerido Antonio é unha xoia. Conten versos de quen é xa un mestre da escrita. Sen dubida unha das miñas referencias dende que tiven a oportunidade de estar con el e coñecer o seu traballo.
Exemplo de xenerosidade e compromiso. En definitiva, un dos GRANDES POETAS da nosa terra.








http://fervenzasliterarias.com/index.php/de-actualidade/os-mellores-do-2013/197-os-mellores-do-2013-mellor-libro-infantil-2013.html

lunes, 6 de enero de 2014

OZOCOgz e A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ

 
 
Da unión de OZOCOgz e o noso querido libro "A NENA Á QUE NON DEIXABA SER FELIZ"
nace esta fermosa camiseta que podedes mercar nas seguintes librarías:

 
Ou pola rede na ligazón de abaixo.




jueves, 2 de enero de 2014

FELIZ ANINOVO A TOD@S!!

 
 

"O CULLARAPO CROQUE" E "A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ" entre os máis vendidos do 2013

 
Pechamos o ano estando, unha vez máis, neste taboleiro.

Algo que, polos nosos medios, debía ser anecdótico, é unha realidade teimosa. Uns meses "O cullarapo Croque", outros "A nena á que non deixaban ser feliz".

Todo grazas ao compromis...o e colaboración de docentes, bibliotecarios, libreir@s e de todos vós: pais, mais, ti@s, avo@s.... En resumo de cada un dos elos que vertebran este fermoso lugar que chaman Galicia... o noso fogar.

Agradecer especialmente a todas esas persoas castelán falantes que se achegaron aos nos@s fill@s. Entrar nos vosos fogares e chegar (e achegarnos) aos vos@s pequen@s é un feito moi importante para nós. E constame que fostes moitos e iso enchenos de ledicia.

A situación do noso idioma (da nosa visión do mundo) é moi complicada, a pesares de que existan compañeir@s, que fan un analise da realidade moi afastada da que eu vivo tódolos días nos colexios, na rúa,nas miñas aulas, nos parques...

Engadir que o libro galego é rentable, é necesario, é valioso, é NOSO. E sobre todo é unha arma contra a ignoracia e o esquecemento do noso idioma e de nós mesm@s.
 
GRAZAS A TOD@S DE NOVO!.