jueves, 2 de enero de 2014

"O CULLARAPO CROQUE" E "A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ" entre os máis vendidos do 2013

 
Pechamos o ano estando, unha vez máis, neste taboleiro.

Algo que, polos nosos medios, debía ser anecdótico, é unha realidade teimosa. Uns meses "O cullarapo Croque", outros "A nena á que non deixaban ser feliz".

Todo grazas ao compromis...o e colaboración de docentes, bibliotecarios, libreir@s e de todos vós: pais, mais, ti@s, avo@s.... En resumo de cada un dos elos que vertebran este fermoso lugar que chaman Galicia... o noso fogar.

Agradecer especialmente a todas esas persoas castelán falantes que se achegaron aos nos@s fill@s. Entrar nos vosos fogares e chegar (e achegarnos) aos vos@s pequen@s é un feito moi importante para nós. E constame que fostes moitos e iso enchenos de ledicia.

A situación do noso idioma (da nosa visión do mundo) é moi complicada, a pesares de que existan compañeir@s, que fan un analise da realidade moi afastada da que eu vivo tódolos días nos colexios, na rúa,nas miñas aulas, nos parques...

Engadir que o libro galego é rentable, é necesario, é valioso, é NOSO. E sobre todo é unha arma contra a ignoracia e o esquecemento do noso idioma e de nós mesm@s.
 
GRAZAS A TOD@S DE NOVO!.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario