sábado, 2 de marzo de 2013

O cullarapo Croque en Pontecesures e Vedra

Notas de prensa:

 

 

 
Algúns dos debuxos feitos pol@s nen@s

 
 






Este 28 foi o de maior actividade de toda a miña vida. Estiven cos nen@s en Pontecesures. Tiven dúas sesións con eles. E debo dar as grazas a Roque Araujo Rey polo seu bo facer, compromiso e proximidade. Oxala isto fora a regra e non a excepción entre os encargados de servir ao pobo.
Tamén falar de todo o persoal do colexio que amosou un entusiasmo e participación que sen dubida deixa unha marca ...no meu corazón. Agardo ver as actividades que van levar a cabo co noso cullarapiño :)

O camiño levoume a Vedra con paso pola casa da nosa mai Rosalía de Castro.Facía sol e seica ela estaba sorrindo na porta da casa.

O día era fermoso e tiven que apagar a radio, baixar as fiestras do coche e gozar dos sons da nosa terra. Mencionar que fun sorprendido por unha aguia que xusto emprendeu camiño cando eu pasaba. Direi que era grande e moi, moi fermosa...inda podo vela sen pechar os ollos nesta noite que pide cama a berros...

O río acompañoume coa súa música durante todo o percorrido e o cabo rematei no CPI DE Vedra.

Alí coñecín a Uxía, coa que programei unha entrevista, e estiven cos rapaces da miña amada, por sempre, Iolanda Aldrei.
Convidáronme a xantar para coller folgos pois chegaban Iris e Noemí cos seus papeis cheos de preguntas.

Falamos de moitas cousas e sobre todo a realidade do autismo, xa que en breve teremos, grazas a colaboración de Arasaac, unha versión dixital do cullarapo en pictogramas.

Como remate dúas sesións cos pequech@s do centro e unha chamada da prensa.

Desfago o camiño canso e feliz xa que a familia agarda por min; ela e varias chamadas sen atender, unha chea de correos, proxectos, poetry e poemas que agardan.

Prométolle ao meu corpo ir cedo a cama, mais pode máis a felicidade que o cansazo...
Pouso un bico en todas almas que hoxe toquei.
Mañá será outro día e eu non podo durmir inda que a noite pide cama a berros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario